Blogia

SD NEGREIRA

A SD on-line está en...

sdnegreira.blogspot.com

Participa!!

Últimas novas...

As novidades desta semana de vértigo, pulsando aquí

Cae dos postos de play-off despois de case toda a tempada

Cae dos postos de play-off despois de case toda a tempada

Ante un rival tan directo coma o Coruxo, a SD cede tres puntos valiosísimos sen saber aproveitar o factor cancha, e cae ata a quinta posición.O Coruxo veu á capital da Barcala cunha idea moi clara: esperar dende atrás e dar golpe ó contrataque. E saíulle o guión mallado. As ocasións dos vermellos non se traducían en definicións en parte á mala sorte e en parte ó bo facer da defensa e do seu porteiro, Menduiña, pequeno pero autoritario na área.No minuto 40 intérnase ata o extremo da banda dereita, saca un centro ó segundo pao e Vicente remata a esa escadra. Xarra de auga para os homes de Ardá, que puideron daquela ter un ou dous goles no peto.A segunda parte foi unha copia da primeira: batuta do Negreira, Coruxo ben pechado, seguro en todo momento, e sorpresivo nunha contra tamén na recta final do partido: Javi Millos dispara de fóra da área e bate a Pablo.O Cerceda non puido pasar do empate no campo do Portonovo, o Santa Comba bateu ó Deportivo B na súa casa, co cal a SD saíu dos postos da Fase de Ascenso por primeira vez dende as primeiras xornadas da Liga. Mal momento para baixa-la garda.

Xornada 27: tódoles datos

Xornada 27: tódoles datos

O Cruceiro saca forza no seu campo

Outro rival grande caeu este sábado no campo do Cruceiro do Hío, equipo que, ás caladas, xa abandonou os postos de descenso.

Non puido aproveitar a SD que o Cerceda non gañou, cousa que si fixo o Coruxo, nun partido que polo resultado máis se parece ó fútbol sala (5-4) contra o Club Lemos.

Agora, na cuarta posición, os nosos terán que seguir loitando para seguir nos postos altos da táboa, porque a competencia directa é moi feroz, como se pode observar na Clasificación

Xornada 26: tódolos datos

Xornada 26: tódolos datos

Xornada 25

Para ver tódolos datos da SD, pulsa aquí,  xunto co seu análise comentario.

Que pasou onte no Baltasar Pujales?

Isto é o que di El Correo Gallego sobre o partido de onte.

ElCorreoGallego

As versións de papel de varios xornais concordan máis ou menos co aquí expresado. O caso é que a SD está aguantando o duro tirón dos equipos que veñen por atrás, nunha liga moi igualada

Xornada 24: tódolos datos

Xornada 24: tódolos datos

Análise da clasificación

Se queres ler este interesante artigo, pulsa aquí

Fútbol case imposible...

Para ler este artigo, pulse aquí

Xornada 23: tódolos datos

Xornada 23: tódolos datos

Algúns goles da SD

 Portonovo-SD

SD-Santa Comba 

SD-Ourense B

Cerceda-SD

SD-Laracha

(por cortesía de www.naronbalompe.es

 

¿Que pasou?

A SD completa unha mediocre costa de xaneiro, na que aínda non conseguiu gañar despois das vacacións de Nadal. Onte, nada máis e nada menos que co colista ata o día de onte, e no feudo do Gª Calvo, cedendo tres marabillosos puntos.Xa no terceiro minuto Nacho adiantaba ós nosos, augurando o que podería ser unha tarde chea de goles e de bo fútbol. Pero desta non sería así. Á media hora de encontro Álex Gómez sorprendía á parroquia co empate. E ó cuarto de hora da segunda, Jacinto adiantaba ós do Salnés para deixar así o marcador.Son cousas do fútbol, que a veces pasan. O malo é que o Cerceda non perdoou en Hío, e o Ourense B xa nos empatou a puntos.

Xornada 21: tódolos datos

Xornada 21: tódolos datos

Un punto rescatado dun partido duro

 

Cun Vilalonga máis forte ca os nosos, a uns vinte minutos do final adiantábanse no marcador tras non marra-lo penalti Comesaña. Cando parecía que continuaría o gafe que a SD ten cos celestes sanxineses, unha falta de entendemento entre Avendaño e o perteiro Jorge Pérez permitiu ó espelido Oláiz marcar unha vez máis, deixando o partido en táboas.

Un puntiño que permite que o Cerceda non se escape, quen non puido pasar do empate perante o Rápido de Bouzas.

Xornada 20: tódolos datos

Xornada 20: tódolos datos

HISTORIA DA S.D. NEGREIRA I

A pesar de que a Villa de Negreira e un povo de interior sempre estivo máis vencellado á zona da costa que á zona de Santiago. En Negreira non se practicou fútbol de xeito oficial ata os anos 60, ainda que comenzouse a xogar anos atrás, sendo o Pirelli o equipo máis recordado polos vellos siareiros do noso pobo. O Pirelli considérase a orixe da S.D. Negreira, que fúndase no ano 1963, sendo o fundador e primeiro Presidente D. José López Fuentes e Vicepresidente D Roque Tuñas Pensado. Nesa temporada, 63/64, non pode xogar a primeira Liga da Costa por falta de tempo para os trámites federativos e non ser inscrito, pero si xogou ese ano a Copa da Costa. O seu estreno foi o día 23 de Agosto de 1964 ante o San Isidro de Quintáns (Muxía). Pasou aquela eliminatoria, pero quedou fora na semifinal contra o Finisterre. entre outros xogadores figuraban nomes como Tuñas, Forján, López, Freire, Maximino, Pombo, Arana, etc.

Na temporada seguinte 64/65 a S.D. Negreira participa na sua primeira Liga da Costa sendo o seu Presidente D. Roque Tuñas Pensado. Na temporada 65/66 participa tamén na Liga da Costa quedando no posto 8º dunha participación de 11 equipos. Na Copa queda eliminado co Muxía. Na temporada 66/67 queda subcampeón da Liga por detrás do Soneirasendo este ano, tamén, subcampeón da Copa, ó perder a final contra o Xallas de Santa Comba. O plantel estaba composto, entre outros por Tuñas, Elias, Forján, Enjo, Arceo, Tomé, Calo, Leandro, Vilas, etc.

O primeiro éxito da S.D. Negreira chega na temporada 67/68, cando se proclama campeón de Liga da Costa e ascende a Rexional. Sendo o Presidente D. Julio González Ferreiro participa   na Serie-A Rexional (temporadas 68/69 ). Nesta categoría participan equipos como SILVA, VULCANO, TURISTA (Vigo), PORRIÑO INDUSTRIAL, CALVO SOTELO, ARENTEIRO (Carballiño), ORDES, MARIN, ESTRADENSE, ARCADE, AROSA, CHOCO (Redondela), RIBADAVIA AT., LEMOS, MILAGROSA (Lugo), etc. Despois destas duas temporadas, pasa unha sen xogar voltando así á Liga da Costa. Curiosamente esa temporada que o Negreira non participa, Galicia conta con tres equipos na 1ª División (DEPORTIVO, CELTA e PONTEVEDRA) e dous na 2ª División (OURENSE e FERROL).

Na temporada 70/71, baixo a presidencia de D. José Severino Montes Pérez, retorna á Liga da Costa quedando 8º nunha competición onde participan 12 equipos. Na temporada 71/72 amosou, unha vez máis, a sua boa saúde; queda campeón da liga, sendo subcampeón o Noia. Nesta liga xogan 11 equipos, acadando 28 puntos, gañou 14 partidos e perdeu 4, obten 51 goles a favor e 30 en contra. Na copa elimina en semifinais ó carballo e perde na final  co Ponteceso. Xoga a fase de ascenso á Serie-A Rexional, perdendo o primeiro partido contra o CENLLE por 17-0 e gañando o partido de volta a S.D. Negreira por 5-2. É de destacar que a alineación presentada en Cenlle era de circunstancias, xa que non interesaba o ascenso. O adestrador era José Mari e formaba parte do plantel Castro.

Na temporada 72/73 é Presidente D. José Severino Montes Pérez queda 3º na Liga da Costa trás o Noia e o Cee. O 10 de Setembro de 1972 é campeón do III TROFEO CATALINO. Nas temporadas 73/74 e 74/75 é subcampeón da Liga da Costa sendo campeón en ámbalas duas o Noia. O conxunto nicrariense tivo unha gran época nos anos setenta, con D. Antonio Hombre Agüera como Presidente e como adestrador Benito Padrón. Nesa temporada a plantilla a formaban os porteiros ROCHA, ANTONIO e JAVIER; os defensas ELIAS, ITO, JUAN, PEPE, EMILIO, MACIAS e LUCHO; os centrocampistas SERVANDO, FERNANDO VÁZQUEZ (actual adestrador do R.C. celta de Vigo), CHILO, MAXIMINO, CHITO, MOISES, J. RAMÓN e os dianteiros PASCUAL, LEANDRO, SUÁREZ, CROS, MONCHO, BRENLLA, IGLESIAS e PABLO. Nesta última temporada xoga no Estadio de Riazor a final do TROFEO CONDE DE FENOSA perdendo co MIÑO por 1-0. Na temporada 75/76 queda 9º na Liga da Costa dunha participación de 15 equipos. Na temporada seguinte 76/77 é Presidente D. Celestino M. Guzmán Fernández e a S.D. Negreira queda 8º nunha liga de 17 equipos. Neste ano o Fisterra bateu o record de goles, 126 en 32 partidos. O 10 de Xullo de 1977 gaña contra o Fisterra o II TROFEO FEIRACO. Na temporada 77/78 a Liga da Costa divídese en dous grupos quedando o Negreira no 4º posto do Grupo V. Na 78/79 xoga no Grupo A-Sur onde queda 5º. Na última temporada dos setenta (79/80), a S.D. Negreira xoga no grupo III ou Sur onde é 3º. O Presidente volve ser D. Roque Tuñas Pensado e formaban a plantilla, entre outros, CASTIÑEIRAS, ABRUÑEIRAS, PAIS, FELIX, ITO, JUAN MANUEL, JOSE ANTONIO, ANDÚJAR, SALVADOR, HERMINIO, CROS Y MANOLO (Gemelo). No equipo xuvenil despuntaba GERARDO, JOSECHU, PACO, ALVITE, RICARDO, MANOLO, OUTON, VILLAR, PARCERO, JAVIER, ABEL, MIGUEL ANGEL, XALLAS, VICENTE, MANOLITO, SUÁREZ, etc. O Negreira xuvenil xogou duas semifinais de Galicia nas temporadas 77/78 e 78/79, quedando eliminado contra o RACING DE FERROL e o CALASANCIO DE MONFORTE respectivamente. O adestrador era Maximino Quinteiro.

Nos anos oitenta cambiaría a sorte para a S.D. Negreira. Na temporada 80/81 queda 3º dunha participación de 16 equipos no Grupo II, por detrás do Lira e do Muros. É eliminado nos cuartos de final polo Camariñas. O Presidente é D. Constantino Guzmán Mesias. Na temporada 81/82 toma a presidencia D. Gumersindo Rodríguez Tellez (Sindo) e o Negreira, con Rodri de adestrador é campeón do Grupo IV da Liga da Costa, sendo segundo o Atalaia de Porto do Son e terceiro o Xallas; ascendendo os tres equipos a Primeira Rexional. Na copa quedou eliminado en semifinais polo Atalaia. A plantilla do ascenso a formaban entre outros, BERDULLAS, os GEMELOS de Ordoeste, EMILIO, JOSE LUIS, JOSECHU, JUAN MANUEL, RIOS, VICENTE, PERFECTO, MANOLITO, LODEIRO, XALLAS, ABEL, PANCHO (que voltaba da man do presidente Sindo de xogar no Noia), etc. O delegado era Cancio (empleado de FEIRACO, xa que foi a temporada que se fraguou o sponsor). Nesta temporada consíguese o TROFEO á MÁXIMA DEPORTIVIDADE J.B. DA LIGA DA COSTA. Na temporada 82/83 participa na Primeira Rexional quedando 13º da liga. Na temporada 83/84 é Presidente D. Luis Andrade Negreira e acada o 12º posta na Primeira Rexional e xoga as semifinais da copa, quedando eliminado co Baio, nun partido xogado no Campo do Pino en Urdilde, por obras no Campo Municipal de Cepelo de Negreira. Nas anteriores eliminatoria deixou fora ó Soneira, Esteirana e Lira. Nesta edición da copa participaron 40 equipos. A tarxeta de socio custaba 2.500 pts., sendo secretario D. Emilio Lira Díaz e Tesoreiro D. Xoaquín Ramón Caamaño Ramos. Nas temporadas 84/85 e 85/86 segue participando na Primeira Rexional, pero nesta última o Presidente é D Jesús Muiño Pardo. Na temporada seguinte, 86/87, sendo o adestrador Pintos queda campeón da Primeira Rexional Grupo 2-B, e despois de xogar a promoción contra o Airiños do Ulla, ascéndese a Rexional Preferente, na que o equipo pasará a chamarse FEIRACO S.D. NEGREIRA, alcanzando no seu primeiro ano na categoría (temporada 87/88) o 5º posto. O Feiraco Negreira convértese nun clásico da Preferente, na que só falta un ano, "un accidente, din polo pueblo". Foron trece anos na categoría, unha dinámica que rachou na temporada 00/01, pero eso é outra historia...

Na temporada 92/93, sendo Presidente D. Luis Andrade Negreira, participa por primeira vez na Copa Diputación, pasando a primeira eliminatoria ó vencer no campo municipal de Cepelo ó FLAVIA de Padrón na tanda de penaltis, despois de empatar a un gol no tempo reglamentario. Na segunda eliminatoria queda fora ó perder 3 - 1 contra o BETANZOS, no campo deste. Ese ano o Betanzos ascende a 3ª División. Na temporada seguinte, 93/94, xoga a primeira eliminatoria no campo do SP. SADA.

A temporada 96/97 é a sétima na Rexional Preferente considérase de transición, con D. José Liñares Ferreiro como Presidente, inaugurase o novo Campo Municipal PEDRA MAMOA, chamado máis tarde JESÚS GARCÍA CALVO. A ledicia que supuso a inauguración do novo campo contrastou ca pena de deixar o mítico CEPELO, onde tantas tardes de rabia e gloria pasaron ó largo de estes anos de historia como equipo federado, amen dos anos anteriores á federación do noso clube.

Na temporada 98/99 era Presidente D. Manuel Pensado Pousa. O adestrador era Javier Lodeiro Enicetoque contaba cos seguintes xogadores na plantilla, ALFONSO e QUICO porteiros; defensas, AGRASAR, BORJA, IVAN, JULIAN, PAREDES, PEDRAZA, RUBÉN, RUSO e URTUBI; medios, BOQUETE, DANI, GONZALO, IVAN, JOSE ANGEL, MANECHO, PABLITO, RAÚL, ROBERTO e SERGIO; dianteiros, ANGEL, CARLOS, COELHO, PIPI, SANCHO, VICTOR e VIDAL. Tras 38 partidos disputados o FEIRACO SD NEGREIRA logra o sexto posto na clasificación con 17 partidos gañados, 10 empatados e 11 perdidos, con 54 goles a favor e 43 en contra, para un total de 61 puntos. O máximo goleador do equipo e VICTOR con 13 goles. A maior goleada foi contra o BOQUEIXON-AIRIÑOS por 5-1 marcando para os nosos JOSE ANGEL de penalti 25', BOQUETE 29' e VICTOR 34', 38' e 75'.

Na temporada 99/00 volve a coller a presidencia D. José Liñares Ferreiro en Rexional Preferente, onde o equipo acada o 8º posto con 56 puntos, 14 partidos gañados, 14 empatados, 10 perdidos, 60 goles a favor e 51 en contra. O adestrador é Raúl Nieto e a plantilla a conforman os porteiros GULDRÍS que recibe 27 goles, JOSÉ RAMÓN que recibe 13, QUICO RECIBE 9 e VARELA que recibe 2; os defensas BASANTA, DANI (5 goles), JULIÁN, LINO, PEDRAZA, RUSO (2), VIDAL (1); os medios BOQUETE (3), COUSO, GONZALO (1), JOSÉ ANGEL (7), OSCAR (1), PABLITO (2), ROBERTO, ROI (3), e os dianteiros ANGEL (6), COELHO, NANDO (4), RICARDO (3) SOLER (1), VICTOR (9) e o máximo goleador do equipo NEIRA (14).A maior goleada lógrase contra o C.D. Monterroso por 4-0 no Jesús García Calvo de Negreira.  Na temporada 00/01 lógrase o ascenso a Terceira División. Na seguinte temporada 01/02 acádase o 15º posto na táboa con 42 puntos, 11 partidos gañados, 9 empatados, 18 perdidos, 45 goles a favor e 53 en contra. As maiores goleadas foron contra o C.D. Lalín 5-2 e contra o Gondomar C.F. 4-1. Na temporada 02/03 o Feiraco S.D. Negreira consegue o 13º posto con 44 puntos, 11 partidos gañados, 11 empatados, 16 perdidos, 41 goles a favor e 46 en contra. A maior goleada lógrase contra Betanzos C.F. 0-4 no campo deste, pero recíbese unha abultada derrota no García Calvo contra o C.C.D. Cerceda por 1-6.

Na temporada 03/04 colle a presidencia D. Manuel Liñares Giraut, que xunto á sua nova directiva, van escribir a páxina máis brillante na historia do noso club. Nesta temporada o equipo logra o 11º posto na clasificación, acadando un total de 47 puntos, 12 partidos gañados, 11 empatados, 15 perdidos, 34 goles a favor e 42 en contra. Neste equipo xogan, entre outros, GELUCHO, NANDO, JULIÁN, etc. É na temporada seguinte, 04/05, cando ocorre o feito histórico do ascenso a Segunda División B. Nesta temporada a directiva aposta como adestrador por Gelucho, que foi axudado por Varela e por Nando; os tres ex xogadores do Negreira. A plantilla a forman os porteiros PABLO e IVAN CAMPOS; os defensas ANDRES, JULIÁN, ROBERTO FEÁNS, UXIO, SUSO e CESAR; os medios JESUS, OSCAR VIDAL, PEQUE, MARIÑO, MANU, JOSE MARIA, RICO e RAVIÑA; e os dianteiros RUBEN MARQUEZ, IVAN GONZALEZ e ADRIAN. Na mitade da temporada causa baixa José María e incorpórase ó equipo GELO, que sufrirá unha lesión moi grave en Betanzos. A liga comenza mal para o Negreira, acadando un só punto nos primeiros tres partidos:

                       PORRIÑO IND. C.F - FEIRACO S.D. NEGREIRA    1-0

                       FEIRACO S.D. NEGREIRA - S.D. O VAL                0-2

                       RAPIDO DE BOUZAS - FEIRACO S.D. NEGREIRA 1-1 ( Rico  90' de penalti)

                       FEIRACO S.D. NEGREIRA - VIEIRO C.F.              3-1 (Iván 43', 49', 57')

                       CORUXO F.C. - FEIRACO S.D. NEGREIRA           1-0

                       FEIRACO S.D. NEGREIRA - NARÓN B.P.              2-0 (Mariño 60', Adrián 85')

                       BERGANTIÑOS F.C. - FEIRACO S.D. NEGREIRA   0-0

                       FEIRACO S.D. NEGREIRA - BETANZOS C.F.         3-2 (Iván 56', 65', 83')

                       DEPORTIVO B - FEIRACO S.D. NEGREIRA           1-1 (Uxío 49')

                       FEIRACO S.D. NEGREIRA - AROSA S.C.               1-0 (Adrián 24')

                       LARACHA C.F. - FEIRACO S.D. NEGREIRA           1-1 (Rubén 49')

                       FEIRACO S.D. NEGREIRA - VILLALONGA C.F.      1-0 (César 27')

                       FEIRACO S.D. NEGREIRA - VERÍN C.F.                3-0 (Raviña 52', 63', Iván 55')

                       C.D. LALÍN - FEIRACO S.D. NEGREIRA                0-0

                       FEIRACO S.D. NEGREIRA - PORTONOVO S.D.     0-0

                       C.D. LUGO - FEIRACO S.D. NEGREIRA                1-1 (Rico 58' de penalti)

                       FEIRACO S.D. NEGREIRA - CCD CERCEDA          5-1 (Rico 17', Raviña 41', Iván 69', 76', 83' de penalti)

                       ALONDRAS C.F. - FEIRACO S.D. NEGREIRA         2-1 (Rico 82' de penalti)

                       FEIRACO S.D. NEGREIRA - C.D. GROVE              3-1 (Iván 30', Rubén 82', Rico 89')

Ó remate da primeira volta o equipo logra o 4º posto con 31 puntos, 8 partidos gañados, 7 empatados e 4 perdidos.

                       FEIRACO S.D. NEGREIRA - PORRIÑO IND. C.F.    2-1 (César 66', Manu 85')

                       S.D. O VAL - FEIRACO S.D. NEGREIRA                 2-1 (Rico 18')

                       FEIRACO S.D. NEGREIRA - RÁPIDO DE BOUZAS  5-1 (Mariño 10', 47', 66', Raviña 40', Rubén 50')

                       VIVEIRO C.F. - FEIRACO S.D. NEGREIRA             1-0

                       FEIRACO S.D. NEGREIRA - CORUXO F.C.             0-0

                       NARÓN B.P. - FEIRACO S.D. NEGREIRA               0-2 (Manu 4', Raviña 59')

                       FEIRACO S.D. NEGREIRA - BERGANTIÑOS F.C.    1-0 (Iván 53')

                       BETANZOS C.F. - FEIRACO S.D. NEGREIRA          0-0

                       FEIRACO S.D. NEGREIRA - DEPORTIVO B            2-1 (Adrián 60', Iván 61')

                       AROSA S.C. - FEIRACO S.D. NEGREIRA               0-1 (Raviña 77')

                       FEIRACO S.D. NEGREIRA - LARACHA C.F.           0-1

                       VILLALONGA C.F. - FEIRACO S.D. NEGREIRA      1-0

                       VERÍN C.F. - FEIRACO S.D. NEGREIRA                0-1 (Iván 82')

                       FEIRACO S.D. NEGREIRA - C.D. LALÍN                2-1 (Rubén 29', 53')

                       PORTONOVO S.D. - FEIRACO S.D NEGREIRA      0-1 (Iván 8')

                       FEIRACO S.D. NEGREIRA - C.D. LUGO                2-0 (César 2', 87')

                       CCD. CERCEDA - FEIRACO S.D. NEGREIRA         0-1 (César 32')

                       FEIRACO S.D. NEGREIRA - ALONDRAS C.F.         3-0 (Adrián 25', Iván 31', Rubén 43')

                       C.D. GROVE - FEIRACO S.D. NEGREIRA              0-2 (Andres 9', Adrián 25')

Despois de 38 partidos xogados o equipo consegue o 2º posto na liga con 72 puntos, 21 partidos gañados, 9 empatados, 8 perdidos, 52 goles a favor e 24 en contra. Lógrase así un feito histórico para un concello de 6500 habitantes, xogar por primeira vez unha fase de ascenso a 2º División Nacional B, onde o noso primeiro rival foi o C.D. MOSCONIA de Asturias.

C.D. MOSCONIA - FEIRACO S.D. NEGREIRA 1-1 (Uxío 90'). Xogaron no once inicial: Pablo, Suso, Roberto Feáns, Andres (Julián 85'), Uxío, Oscar Vidal (Peque 66'), Rico, José Mª (Adrián 46'), Manu, Rubén e Iván.

FEIRACO S.D. NEGREIRA - C.D. MOSCONIA 0-0. Pablo, Suso, Feáns, Julián, Uxío, César, Rubén (Peque 64'), Rico, Manu (Mariño 53'), Iván e Adrián.

O último escollo para lograr o ascenso era o C.D. CIEMPOZUELOS da comunidade de Madrid.

C.D. CIEMPOZUELOS - FEIRACO S.D. NEGREIRA 0-3 (Iván 31',65', Suso 89'). Pablo, Suso, Feáns, César, Uxío, Manu (Peque 87'), Rico, Oscar Vidal, Mariño, Iván e Rubén.

FEIRACO S.D. NEGREIRA - C.D. CIEMPOZUELOS 1-2 (Adrián 90') Pablo, Suso, Feáns (Julián 13'), Oscar Vidal (Peque 77'), Uxío, César, Rico, Mariño, Manu, Adrián e Iván.

Despois de estas duas eliminatorias lógrase o histórico ascenso e tras as celebracións, e case sen tempo, a directiva ponse a traballar para afrontar o novo reto que se vai  presentar. E todo esto comenza con dous traspés moi importantes. O primeiro deles é que a empresa Feiraco, logo de vintecinco anos, deixa de patrocinar ó club, que perde así unha fonte económica moi importante. Tras moitas reunións e moitas dúbidas, un grupo de empresarios da vila, na asamblea xeral de fin da temporada, faise cargo de recaudar cartos entre as empresas da comarca para poder afrontar o novo reto da 2ªB. Nesta mesma asamblea, decídese que o equipo vólvase chamar S.D. NEGREIRA e voltar ás cores e o escudo orixinais na equipación dos xogadores, camiseta vermella e pantalón azul. O segundo dos problemas é cando tres dos xogadores máis importantes da plantilla comunícanlle á directiva que non poden continuar por motivos persoais. Estes xogadores eran Rico, César e Raviña. Con este panorama comenza a pretemporada máis importante na historia da S.D. Negreira.

 

    

Broche de ouro á Primeira Volta

 Na primeira parte todo estaba resolto. Un madrugador gol de Álex Fernández cabeceando á rede unha falta pouco despois do comezo do encontro, e dous goles de Oláiz antes do segundo tempo e como os soe facer, de categoría, especialmente o terceiro, no que se foi de dous contrarios cunha arrancada dende o mediocampo sentenciaron a un Portonovo que nunca soubo levar adiante o partido. De feito, a segunda parte foi un mero trámite, no que os vermellos xogaban sabendo que os tres puntos de seguro que non se escaparían.


É tempo de facer balance: a metade da Tempada está aí, e só o Cerceda foi ata agora quen de plantarlle cara á SD, aínda así cun golaverage favorable ós nosos (11 para eles a 16 para nós, só igualado polo Rápido de Bouzas). Un posto excepcional que comeza a facer pensar en gloriosos tempos recentes. Seguirá sendo imprescindible continuar nesta liña.

Xornada 19: tódolos datos

Xornada 19: tódolos datos