Blogia
SD NEGREIRA

Broche de ouro á Primeira Volta

 Na primeira parte todo estaba resolto. Un madrugador gol de Álex Fernández cabeceando á rede unha falta pouco despois do comezo do encontro, e dous goles de Oláiz antes do segundo tempo e como os soe facer, de categoría, especialmente o terceiro, no que se foi de dous contrarios cunha arrancada dende o mediocampo sentenciaron a un Portonovo que nunca soubo levar adiante o partido. De feito, a segunda parte foi un mero trámite, no que os vermellos xogaban sabendo que os tres puntos de seguro que non se escaparían.


É tempo de facer balance: a metade da Tempada está aí, e só o Cerceda foi ata agora quen de plantarlle cara á SD, aínda así cun golaverage favorable ós nosos (11 para eles a 16 para nós, só igualado polo Rápido de Bouzas). Un posto excepcional que comeza a facer pensar en gloriosos tempos recentes. Seguirá sendo imprescindible continuar nesta liña.

0 comentarios