Blogia

SD NEGREIRA

Derbi postnavideño intenso, e non falto de polémica

Derbi postnavideño intenso, e non falto de polémica

O estadio Gª Calvo recolleu a mellor entrada desta liga xunto coa primeira xornada de liga para ver ó rival veciño. entre o público media centena de afeccionados rivais espectaron o encontro. Ademais de ser un derbi tractivo per se, poder ver a ex-xogadores da SD como Pibe, Iván ou César, ou ó nicrariense Lobo foron un puntazo a favor.

O partido xa comezaba con polémica coa eliminación do tempraneiro gol ós nosos, no minuto 2 de partido. O Negreira levou a iniciativa en ataque prácticamente todo o partido, mentres que os laranxas optaron por plantar unha sólida defensa con César pivotando e confiar nas contras. Así naceu o seu primeiro gol, primeiro tamén do partido, tras erro defensivo. Sergio Leis quédase só, corre cara portería, recorta a Pablo, e só ten que empurrar para dentro. Cando xa remataba a primeira metade, Oláiz trouxo as táboas.

Adiantaría Oláiz de novo ó cuarto de hora da reanudación, gracias ó bo ataque do conxunto, pero tras unha xogada á picaresca (ou á falta de deportividade se se prefire), os xalleses non devolven un balón botado fóra para atender a un xogador no chan, e Iván aproveita a parálise local polas circunstancias para iguala-lo encontro. O xesto non gustou na grada, e foi moi criticado.

Xornada 18: tódolos datos

Xornada 18: tódolos datos

CENA DO NADAL

A Directiva, Corpo Técnico e Plantilla da S.D. Negreira celebrarán a sua cena do Nadal o Venres día 22 de Decembro ás 22:30h. no Hotel Tamara de Negreira. Do mismo modo a familia da S.D. Negreira dexésanlle a todos os colaboradores, ós socios e ós seguidores do noso Club unhas felices festas e un próspero aninovo 2007.

Un óso duro no camiño

 

O instinto goleador dos nosos vermellos non foi suficiente para quedarse cos tres puntos antes un rival rápido, incisivo, ben colocado, como foi o Depor B durante todo o partido.

Comezou adiantándose o equipo con gol de Bragaña nun rexeitamento despois de balón parado centrado dende a banda esquerda. Cando máis parecía que o Negreira comezaría o seu recital goleador, como nos últimos partidos da casa, veu o gol de José Arenas, de falta directa a unhs 35 metros (imaxe da foto). Logo despois, Iván Pérez adianta ós blanquiazuis cun golazo de disparo franco que entra por toda a escadra esquerda da portería defendida por Pablo.

Ó reinicio, Josito empata o partido de disparo directo a uns 30 metros que entra polo lado dereito do porteiro Iván Parada, en substitución de Fabricio. O dominio táctico e de garbo dos nosos tivo o seu froito no minuto, cando Rodri puxo o 3-2 cun disparo franco dende fóra da área; e, cando todo parecía quedar sobre rodas, o Deportivo botou man da chispa para face-lo resultado final de 3-3 da man de Adrían, a falta dun minuto para os 90.

Sabor agridoce, perda do liderto antes das vacacións, pero o rival non foi nada fácil. Destaca-lo sobresaínte labor arbitral, correcto en xeral coma poucos. Vámonos ao Nadal cun excelente posto.

Xornada 17: Tódolos datos

Xornada 17: Tódolos datos

Este domingo, a partir das 16:15, partidazo no García Calvo

O grande líder da tempada pasada e mailo líder actual, man a man no García Calvo este domingo. Os nosos veñen de perder co Cerceda, pero coa moral alta antes das vacacións de nadal. Por parte dos herculinos, tamén foron derrotados na xornada anterior, polo outro filial da categoría, e están na parte cómoda da táboa (sétima posición). O espectáculo está asegurado.

O Cerceda foi superior

No partido deste venres o Cerceda levouse o gato á auga goleando ó Negreira cun 3-0. Os esforzos dos homes de Ardá foron en van, porque con dous goles na primeira parte, o gol terceiro no comezo da segunda parte foi un xarro de auga fría. Unha tarde para esquecer.

Deste xeito, o Cerceda recorta distancia na clasificación, quedando a só un punto noso, actuais líderes unha xornada máis.

O Negreira terá que prepararse para o próximo partido fronte ó Deportivo B no García Calvo.

Xornada 16 Tódolos datos

Xornada 16 Tódolos datos

Segundo contra primeiro nun día idílico

Este venres 8 enfróntase a SD ó Cerceda no estadio deste, o segundo na clasificación, a partires das 5 da tarde. É unha boa ocasión para medi-las forzas ante o persecutor directo na clasificación.

A voz da experiencia...

A voz da experiencia...

Este domingo a SD venceu comodamente ó Ourense B por 3-0 no García Calvo. A pesar do xogo sucio por parte dos filiais, non conseguiron nada máis ca tres tantos na contra.

Hai que recoñecer que os das Burgas tiveron dúas ocasións moi claras no primeiro tempo, e outra no segundo, onde quedaron man a man con Pablo, pero nas tres mandárona lonxe da portería. O partido estivo marcado polo campo rápido e a falta de acerto do árbitro nalgunhas ocasións.

Abriu a lata Álex Fernández aproveitando un rexeitamento; dous minutos máis tarde, Oláiz pinza suavemente por enriba do porteiro nun man a man, deleitando a toda a afección. Xa no final, cando o Ourense B buscaba abri-lo seu marcador, chegou o gol pola escadra esquerda do recén incorporado Nacho. Todos estiveron no seu sitio. Só lamentar a lesión de Tachi, e o que tiveron que sufrir Rodri e Rubén Márquez, entre outros, polas numerosas faltas recibidas.

 

 

Xornada 15: tódolos datos

Xornada 15: tódolos datos

SD Negreira vs. Ourense B

O próximo domingo 3, a partir das 16:15 do serán, a SD enfrontarase ó Ourense B. O rival desta ocasión, a pesar da derrota fronte ó Lalín na última xornada, segue nos primeiros postos, e estará encantado de da-la campanada no García Calvo,...

O Bergantiños xa non é invicto en As Eiroas

O Bergantiños xa non é invicto en As Eiroas

A SD segue incombustible, e rompe con outra estatística. Nesta ocasión, a víctima foi o Bergantiños, un equipo que tiña ata entón catro victorias no seu feudo, As Eiroas, dous empates e ningunha derrota.

Se ben os locais levaron a iniciativa na primeira parte, cun xogo directo, foron os nosos os que chegaron ó descanso cun 0-1 no marcador, tralo gol de Oláiz. Na reanudación, Braulio empata o encontro, poñendo todo sobre as cordas. Pero nos instantes finais do encontro, Álex Fernéndez puxo o resultado final con dous goles, facéndose o protagonista da tarde.

Gelucho estreouse como novo adestrador do CD Lalín

Gelucho estreouse como novo adestrador do CD Lalín

Gelucho estrouse esta tempada como novo adestrador do CD Lalín, acadando unha victoria tras seis xornadas sen acadala por parte dos do Deza.

Este é o primeiro equipo que adestra o de Cacheiras, despois de abandona-la SD ó final da tempada pasada, co equipo na 2ªB. A nosa afección seguirá interesada e de cerca os seus pasos no seu novo club.

Foto: Gelucho nunhas declaracións para a prensa na tempada 2005-2006. Fonte: www.youtube.com