Blogia
SD NEGREIRA

Xornadas

Cae dos postos de play-off despois de case toda a tempada

Cae dos postos de play-off despois de case toda a tempada Ante un rival tan directo coma o Coruxo, a SD cede tres puntos valiosísimos sen saber aproveitar o factor cancha, e cae ata a quinta posición.O Coruxo veu á capital da Barcala cunha idea moi clara: esperar dende atrás e dar golpe ó contrataque. E saíulle o guión mallado. As ocasións dos vermellos non se traducían en definicións en parte á mala sorte e en parte ó bo facer da defensa e do seu porteiro, Menduiña, pequeno pero autoritario na área.No minuto 40 intérnase ata o extremo da banda dereita, saca un centro ó segundo pao e Vicente remata a esa escadra. Xarra de auga para os homes de Ardá, que puideron daquela ter un ou dous goles no peto.A segunda parte foi unha copia da primeira: batuta do Negreira, Coruxo ben pechado, seguro en todo momento, e sorpresivo nunha contra tamén na recta final do partido: Javi Millos dispara de fóra da área e bate a Pablo.O Cerceda non puido pasar do empate no campo do Portonovo, o Santa Comba bateu ó Deportivo B na súa casa, co cal a SD saíu dos postos da Fase de Ascenso por primeira vez dende as primeiras xornadas da Liga. Mal momento para baixa-la garda.

Xornada 27: tódoles datos

Xornada 27: tódoles datos

O Cruceiro saca forza no seu campo

Outro rival grande caeu este sábado no campo do Cruceiro do Hío, equipo que, ás caladas, xa abandonou os postos de descenso.

Non puido aproveitar a SD que o Cerceda non gañou, cousa que si fixo o Coruxo, nun partido que polo resultado máis se parece ó fútbol sala (5-4) contra o Club Lemos.

Agora, na cuarta posición, os nosos terán que seguir loitando para seguir nos postos altos da táboa, porque a competencia directa é moi feroz, como se pode observar na Clasificación

Xornada 26: tódolos datos

Xornada 26: tódolos datos

Xornada 25

Para ver tódolos datos da SD, pulsa aquí,  xunto co seu análise comentario.

Que pasou onte no Baltasar Pujales?

Isto é o que di El Correo Gallego sobre o partido de onte.

ElCorreoGallego

As versións de papel de varios xornais concordan máis ou menos co aquí expresado. O caso é que a SD está aguantando o duro tirón dos equipos que veñen por atrás, nunha liga moi igualada

Xornada 24: tódolos datos

Xornada 24: tódolos datos

Fútbol case imposible...

Para ler este artigo, pulse aquí

Xornada 23: tódolos datos

Xornada 23: tódolos datos

¿Que pasou?

A SD completa unha mediocre costa de xaneiro, na que aínda non conseguiu gañar despois das vacacións de Nadal. Onte, nada máis e nada menos que co colista ata o día de onte, e no feudo do Gª Calvo, cedendo tres marabillosos puntos.Xa no terceiro minuto Nacho adiantaba ós nosos, augurando o que podería ser unha tarde chea de goles e de bo fútbol. Pero desta non sería así. Á media hora de encontro Álex Gómez sorprendía á parroquia co empate. E ó cuarto de hora da segunda, Jacinto adiantaba ós do Salnés para deixar así o marcador.Son cousas do fútbol, que a veces pasan. O malo é que o Cerceda non perdoou en Hío, e o Ourense B xa nos empatou a puntos.

Xornada 21: tódolos datos

Xornada 21: tódolos datos

Un punto rescatado dun partido duro

 

Cun Vilalonga máis forte ca os nosos, a uns vinte minutos do final adiantábanse no marcador tras non marra-lo penalti Comesaña. Cando parecía que continuaría o gafe que a SD ten cos celestes sanxineses, unha falta de entendemento entre Avendaño e o perteiro Jorge Pérez permitiu ó espelido Oláiz marcar unha vez máis, deixando o partido en táboas.

Un puntiño que permite que o Cerceda non se escape, quen non puido pasar do empate perante o Rápido de Bouzas.

Xornada 20: tódolos datos

Xornada 20: tódolos datos

Xornada 19: tódolos datos

Xornada 19: tódolos datos

Derbi postnavideño intenso, e non falto de polémica

Derbi postnavideño intenso, e non falto de polémica

O estadio Gª Calvo recolleu a mellor entrada desta liga xunto coa primeira xornada de liga para ver ó rival veciño. entre o público media centena de afeccionados rivais espectaron o encontro. Ademais de ser un derbi tractivo per se, poder ver a ex-xogadores da SD como Pibe, Iván ou César, ou ó nicrariense Lobo foron un puntazo a favor.

O partido xa comezaba con polémica coa eliminación do tempraneiro gol ós nosos, no minuto 2 de partido. O Negreira levou a iniciativa en ataque prácticamente todo o partido, mentres que os laranxas optaron por plantar unha sólida defensa con César pivotando e confiar nas contras. Así naceu o seu primeiro gol, primeiro tamén do partido, tras erro defensivo. Sergio Leis quédase só, corre cara portería, recorta a Pablo, e só ten que empurrar para dentro. Cando xa remataba a primeira metade, Oláiz trouxo as táboas.

Adiantaría Oláiz de novo ó cuarto de hora da reanudación, gracias ó bo ataque do conxunto, pero tras unha xogada á picaresca (ou á falta de deportividade se se prefire), os xalleses non devolven un balón botado fóra para atender a un xogador no chan, e Iván aproveita a parálise local polas circunstancias para iguala-lo encontro. O xesto non gustou na grada, e foi moi criticado.

Xornada 18: tódolos datos

Xornada 18: tódolos datos

O Cerceda foi superior

No partido deste venres o Cerceda levouse o gato á auga goleando ó Negreira cun 3-0. Os esforzos dos homes de Ardá foron en van, porque con dous goles na primeira parte, o gol terceiro no comezo da segunda parte foi un xarro de auga fría. Unha tarde para esquecer.

Deste xeito, o Cerceda recorta distancia na clasificación, quedando a só un punto noso, actuais líderes unha xornada máis.

O Negreira terá que prepararse para o próximo partido fronte ó Deportivo B no García Calvo.

A voz da experiencia...

A voz da experiencia...

Este domingo a SD venceu comodamente ó Ourense B por 3-0 no García Calvo. A pesar do xogo sucio por parte dos filiais, non conseguiron nada máis ca tres tantos na contra.

Hai que recoñecer que os das Burgas tiveron dúas ocasións moi claras no primeiro tempo, e outra no segundo, onde quedaron man a man con Pablo, pero nas tres mandárona lonxe da portería. O partido estivo marcado polo campo rápido e a falta de acerto do árbitro nalgunhas ocasións.

Abriu a lata Álex Fernández aproveitando un rexeitamento; dous minutos máis tarde, Oláiz pinza suavemente por enriba do porteiro nun man a man, deleitando a toda a afección. Xa no final, cando o Ourense B buscaba abri-lo seu marcador, chegou o gol pola escadra esquerda do recén incorporado Nacho. Todos estiveron no seu sitio. Só lamentar a lesión de Tachi, e o que tiveron que sufrir Rodri e Rubén Márquez, entre outros, polas numerosas faltas recibidas.

 

 

Xornada 15: tódolos datos

Xornada 15: tódolos datos

O Bergantiños xa non é invicto en As Eiroas

O Bergantiños xa non é invicto en As Eiroas

A SD segue incombustible, e rompe con outra estatística. Nesta ocasión, a víctima foi o Bergantiños, un equipo que tiña ata entón catro victorias no seu feudo, As Eiroas, dous empates e ningunha derrota.

Se ben os locais levaron a iniciativa na primeira parte, cun xogo directo, foron os nosos os que chegaron ó descanso cun 0-1 no marcador, tralo gol de Oláiz. Na reanudación, Braulio empata o encontro, poñendo todo sobre as cordas. Pero nos instantes finais do encontro, Álex Fernéndez puxo o resultado final con dous goles, facéndose o protagonista da tarde.