Blogia
SD NEGREIRA

Cae dos postos de play-off despois de case toda a tempada

Cae dos postos de play-off despois de case toda a tempada Ante un rival tan directo coma o Coruxo, a SD cede tres puntos valiosísimos sen saber aproveitar o factor cancha, e cae ata a quinta posición.O Coruxo veu á capital da Barcala cunha idea moi clara: esperar dende atrás e dar golpe ó contrataque. E saíulle o guión mallado. As ocasións dos vermellos non se traducían en definicións en parte á mala sorte e en parte ó bo facer da defensa e do seu porteiro, Menduiña, pequeno pero autoritario na área.No minuto 40 intérnase ata o extremo da banda dereita, saca un centro ó segundo pao e Vicente remata a esa escadra. Xarra de auga para os homes de Ardá, que puideron daquela ter un ou dous goles no peto.A segunda parte foi unha copia da primeira: batuta do Negreira, Coruxo ben pechado, seguro en todo momento, e sorpresivo nunha contra tamén na recta final do partido: Javi Millos dispara de fóra da área e bate a Pablo.O Cerceda non puido pasar do empate no campo do Portonovo, o Santa Comba bateu ó Deportivo B na súa casa, co cal a SD saíu dos postos da Fase de Ascenso por primeira vez dende as primeiras xornadas da Liga. Mal momento para baixa-la garda.

0 comentarios